Memorias do futuro.

Memorias del futuro recolle as reflexións de Felipe González sobre temas clave do noso tempo. Trátase dunha colección de 53 artigos publicados no diario El País, dende 1993 ata 2003. O autor analiza asuntos que teñen que ver tanto coa política española como co eido europeo e co papel de Europa na esfera internacional. Acerca da política española, aborda cuestións como o terrorismo de ETA, o proceso de primarias do Partido Socialista Obrero Español, os nexos entre España e América Latina e as relacións entre España e Marrocos.
En relación ao eido europeo, trata temas como a construción europea, o euro ou o socialismo democrático e Europa. Respecto da esfera internacional, reflexiona sobre a cuestión palestina, o papel de Europa na globalización, as súas relacións co Mercosur e África, a conxuntura creada tras o atentado contra as Torres Xemelgas en Nova York e conclúe co conflito de lrak. Un libro que nos axuda a entender o pasado inmediato para poder comprender mellor o presente.