Aínda podemos entendernos?

Aínda podemos entendernos?

Transcorridas máis de tres décadas tras a recuperación da democracia e da construción do Estado das Autonomías, dous dos principais protagonistas da transición revisan a evolución do sistema político español, a distribución do poder entre as comunidades autónomas e o Estado central e, en especial, a dualidade simbólica, pero tamén económica, cultural e institucional entre Cataluña e España. A reflexión sobre esta evolución, que se inicia en plena Guerra fría e nun mundo bipolar, conduce necesariamente ao novo contexto

da economía globalizada e do mundo multipolar, no que Europa, España e Cataluña buscan os seus respectivos lugares e voces. As conversas, moderadas por Lluís Bassets, versan sobre os aspectos máis polémicos da redistribución do poder económico e político, as reivindicacións e sentimentos nacionalistas, as actuais sociedades multiculturais e plurilingües nas que deben convivir poboacións de orixes moi diversas e os problemas de gobernanza e de sustentabilidade dos futuros modelos sociais e produtivos.