Que é. O Socialismo.

O socialismo pode ser definido en grandes liñas como a afondamento do concepto da democracia. É dicir, como o desenvolvemento ata as súas últimas consecuencias da democracia no eido político, socio-cultural, etc. Dende o punto de vista finalista, este concepto identifícase co da autoxestión. Pero a resposta á gran pregunta que expón o título desta publicación pode tamén ofrecerse nun inacabable tratado económico, político e socio-cultural.
Entre a definición concisa que o comprende todo, pero sen matices, e o tratado, con extensión suficiente para profundar rigorosamente no inmenso contido do concepto Socialismo, sitúase este pequeno exemplar a modo de folleto divulgador.