En busca de respostas.

A profunda crise na que estamos instalados dende fai varios anos é económica e social, pero tamén de liderado. O liderado, en palabras de Felipe González, caracterízase por unha procura incesante de respostas, porque as preguntas mantéñense: como mellorar o mundo, como facelo máis xusto, máis próspero e máis libre. A partir da súa experiencia en momentos moi complicados da historia recente de España, Felipe González realiza unha ampla reflexión sobre que significa hoxe o liderado político, empresarial e social, e como se poden afrontar os desafíos do presente para sentar as bases dun futuro mellor.
“A política debería consistir en diminuír o sufrimento dos cidadáns, ese sería o liderado de verdade. Se a política que se fai non gusta, hai que cambiala; se os partidos políticos que hai non gustan, hai que cambialos ou cambiar aos seus dirixentes. Debemos mellorar a calidade e o contido da política, e isto só se consegue con ideas e con participación. Se non o facemos, ninguén gañará e todos perderemos”.