A miña idea de Europa.

O vello continente, a Unión Europea enfróntase, nestes momentos de incerteza e crise, a unha serie de retos, cuxa boa ou mala resolución marcarán o seu futuro, a consolidación dun liderado forte e o funcionamento eficaz e con poder real das institucións; a cohesión interna da cidadanía e a integración dos inmigrantes; a seguridade interior e o desenvolvemento da acción común no escenario internacional para a resolución de conflitos; a relación con outras rexións como América Latina ou os países da área mediterránea; a resposta aos retos futuros como o abastecemento enerxético,
o desenvolvemento tecnolóxico, a política educativa, o equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e cultural. Europa está en crise e necesita a ousadía da esperanza, o pragmatismo das ideas para abordar un futuro prometedor. Europeísta convencido, testemuña e protagonista da construción europea, Felipe González reflexiona neste libro, con agudeza, fuxindo dos clixés e sen eludir a polémica, sobre o pasado, o presente e o futuro dese soño, aínda por culminar, chamado Europa.